La Carmagnole
La Carmagnole foi unha canción e baile anónimo que foi popular durante a Revolución Francesa. A canción foi publicada o 10 de agosto de 1792. Popularizárona as tropas francesas, era cantada en eventos de apoio á revolución e algunhas veces os antirevolucionarios eran forzados a cantala e bailar como escarnio.[1] Ao ser unha canción popular existiron diferentes versións da letra. A canción criticaba aos reis Lois XVI de Francia e María Antonieta aos que se refería como Monsieur e Madame Veto, respectivamente.
O nome da canción foi tomado da cidade piemontesa de Carmagnola. A canción é mencionada en obras como The Scarlet Pimpernel, en galego A pimpinela escarlata, da Baronesa Orczy, A Tale of Two Cities, en galego Historia de dúas cidades, de Charles Dickens, e A Colón de Rubén Darío. Ademais o compositor Umberto Giordano, incluíuna na súa ópera Andrea Chénier, e aparece tamén na obra de teatro Dantons Tod, en galego A morte de Danton, de Georg Büchner.
Partitura
[editar | editar a fonte]Melodía de La Carmagnole, impresa en 1794:[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gilchrist J., e W.J. Murray: "The Press in the French Revolution" 312-323, St. Martin's Press, 1971
- ↑ La Carmagnole dispoñible en Gallica